martes, 26 de maio de 2020

EDUCACIÓN PLÁSTICA

Boas!!! Para hoxe propoñemos unha tarefa relacionada co Museo do Prado.

Para os máis pequenos deixámosvos unha ligazón a un conto CONTO MUSEO DO PRADO.
O outro alumnado tamén o animamos a ver este conto e ademais realizar unha visita virtual polo Museo do Prado, visualizando algún dos vídeos que nos ofrece o museo no itinerario infantil.

ITINERARIO INFANTIL NO MUSEO DO PRADO

Unha vez visualizado estos aspectos xa estades preparados para comezar as vosas obras de arte.
Así que mans á obra.  Ó longo desta semana realizade un magnífico cadro e unha escultura. A escultura con material de refugallo. Deixámosvos algunha foto para que vos sirva de axuda.





Non esquezades poñerlle o nome ás obras de arte como grandes artistas.

 Animámosvos a enviar unha foto das vosas obras de arte os nosos correos: veronicacg@edu.xunta.gal e diegofraguas@edu.xunta.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario

GENIALLYS REPASO

Buenos días chicos y chicas, estamos en el final de curso, así que para hoy y mañana os dejo unos geniallys de repaso. LENGUA 4º E 5º MA...