xoves, 18 de xuño de 2020

GENIALLYS REPASO

Buenos días chicos y chicas, estamos en el final de curso, así que para hoy y mañana os dejo unos geniallys de repaso.

LENGUA 4º E 5º

MATEMÁTICAS 6º ( Ánimo a 5º a que lo pruebe)

SI MI PISCINA CIRCULAR TIENE UN DIÁMETRO DE DOS METROS ¿CUÁL ES SU SUPERFICIE?
3, 14 METROS CUADRADOS (LA FÓRMULA ES PI POR EL RADIO (RECORDAMOS QUE EL RADIO ES LA MITAD DEL DIÁMETRO)

RETO MATEMÁTICO 4º

LOS QUE TENGÁIS DIFICULTADES DE ACORDAROS DE LA SOLUCIÓN APUNTADLAS YA QUE OS MANDA COMENZAR DE NUEVO CUANDO OS EQUIVOCÁIS.

NO HACE FALTA QUE MANDÉIS LA FOTO FINAL

EDUCACIÓN MUSICAL

https://oblogdeprimeiroesegundo.blogspot.com/2020/06/educacion-musical-4-5-e-6_18.html

mércores, 17 de xuño de 2020

BOAS

Bos días!! Lembrade que hoxe tedes que rematar a redacción e revisar que non se repitan palabras, que as expresións sean as adecuadas, signos de puntuación, etc.

Para o alumnado que xa rematou a redacción deixovos esta proposta de ficha a modo de repaso de matemáticas.
 

REUNIÓN CISCOWEB

Bos días chicos e chicas hoxe realizaremos unha reunión de ciscoweb, comezaremos por 5º e 6º e despois unirase 4º, e finalmente o alumnado de 5º e 6º sairá e seguirá un anaquiño o alumnado de 4º . 
PREPARADE AS VOSAS REDACCIÓNS E OUTROS TRABALLOS QUE QUEIRADES ENSINAR.

Inicio Mércores, 17 Xuño 2020 11:30 5º E 6º
Inicio Mércores, 17 Xuño 2020 12:00 4º
Resume: LECTURA REDACCIÓNS
Descrición: UNIRSE A REUNIÓN DE WEBEX
https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m5a8b3603e79e3673ca4a1c1b162ff81a
Número de reunión (código de acceso): 121 938 5563


Contraseña de la reunión: 2222.


martes, 16 de xuño de 2020

EXPRESIÓN ESCRITA

Para hoxe e mañá propóñovos realizar unha redacción sobre este trimestre, a educación a través da Internet. Deixovos uns puntos para que axuden o alumnado que teña dificultades para comezar pero podedes facela como vos consideredes.
.
- VANTAXES E DESVANTAXES DA EDUCACIÓN A TRAVÉS DE INTERNET.
- QUE SENTIMENTOS TIVESTES NESTA TEMPADA.
- AQUELES PROBLEMAS QUE VOS XURDIRON COAS NOVAS TECNOLOXÍAS.
- A AXUDA QUE RECIBISTES.
- ETC.

O mércores realizaremos unha videoconferencia e cadaquén lerá a súa redacción.

CENCIAS DA NATUREZA

Aquí vos queda un test con un pequeno repaso de contidos vistos a través do blog neste trimetres, na súa maioría relacionados coa enerxía e algúns coa luz, podedes realizalo varias veces ata que logrades realizalo ben.

5º E 6º

LINGUA GALEGA

Bo día chicos e chicas hoxe realizaremos esta pequena actividade de comprensión lectora de lingua galega, NON ESQUEZADES QUE LER TODOS OS DÍAS UN ANAQUIÑO É COMPRENDER O QUE SE LE É MOI IMPORTANTE. NON TEN PORQUE SER SEMPRE UN CONTO, PODE SER UN CONTIDO QUE VOS INTERESE, INFORMACIÓN DUN ANIMAL, HISTORIA DALGÚN LUGAR, PERCORRIDO DUNHA RUTA, INFORMACIÓN DEPORTIVA...

4º, 5º e 6º

COMPRENSIÓN LECTORA

luns, 15 de xuño de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

https://oblogdeprimeiroesegundo.blogspot.com/2020/06/ciencias-sociais-4-5-e-6_15.html

LENGUA CASTELLANA

Hoxe en lingua castelá imos realizar dúas tarefas, unha relacionada cun vídeo e unha ficha interactiva.

Os vídeos que se presentan a continuación son lecturas de trabalenguas nas que se estipula un tempo para a lectura, é normal que na primeira vez non vos chegue o tempo para realizar a lectura, practicade. 

5º e 6º


4º ( podedes realizar o de quinto a maiores). 



Despois para 5º e 6º este pasapalabras sobre categorias gramaticais.

 PASAPALABRA

Para o alumnado de 4º

LIGAZÓN

MATEMÁTICAS

Bos días chicos e chicas de Merza, esta é a última semana de colexio, así que ánimo que logo chegan as vacacións ben merecidas.

Para 4º e 5º hoxe en matemáticas tedes unha ficha sobre números curiosos, podedes realizala no caderno ou imprimila cadaquén como queira. 


Por outra banda tedes esta ligazón de repaso das tablas de multiplicación e algúnha cousiña máis. O contido de múltipos de un número e divisores e de 5º polo que os de 4º podedes escoitalo no vídeo de introdución pero xa o miraremos para o ano que ven

6º. Podedes realizar algunha das tarefas anteriores e a maiores continuamos co repaso das áreas. (Luns e martes)


venres, 12 de xuño de 2020

MATEMÁTICAS

4º E 5º realizar a ficha de diferentes figuras xeométricas (REPETIR A FICHA ATA QUE AS COLOQUEDES TODAS BEN).

FIGURAS XEOMÉTRICAS

A continuación comezaremos coa construción de corpos xeométricos, hoxe realizaremos a pirámide.

PIRÁMIDE

Por último revisade este vídeo sobre os poliedros, simplemente como toma de contacto para facer fincapé o curso seguinte nestes conceptos, algúns dos cales xa vistes outros cursos.



6º Podes repasar os contidos anteriores e realizar as construcións, ademais de facer fincapé na área dos polígonos regulares.

ÁREA DOS POLÍGONOS REGULARES

EDUCACIÓN PLÁSTICA

Bos días!! Hoxe lembraremos un traballo realizado o ano pasado, precisades un folio, lapis, unha goma e regra. É importante realizalo tranquilamente e procurar ser ordenados e ordenadas.

4º, 5º e 6º o dibuxo da figura humana.




1º e 2º o dibuxo de animais.

 

xoves, 11 de xuño de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA

4º REALIZAMOS ESTA FICHA SOBRE DIFERENTES ANIMAIS.




5º E 6º REPASAMOS ASPECTOS DO CONSUMO DE ENERXÍA

 ENERXÍA

MATEMÁTICAS


BOAS!! Hoxe imos realizar un pequeno repaso de diferentes aspectos vistos esta temporada.

4º  REALIZAMOS UN REPASO DAS UNIDADES DE LONXITUDE E A MAIORES SE QUEREDES PROBADES OS PROBLEMAS DE QUINTO.

UNIDADES DE LONXITUDE

5º REALIZA O REPASO DAS UNIDADES DE LONXITUDE DE CUARTO E DE AS MEDIDAS DO TEMPO E OS QUE QUEIRADES PODEDES REALIZAR A TAREFA DE DETECTIVES DE SEXTO.

PROBLEMAS DE TEMPO



Detectives

mércores, 10 de xuño de 2020

Matemáticas

Sexto
Área del rombo

Quinto
 Repaso geometría

Cuarto
Repaso geometría

DITADO E VIAXE VIRTUAL

Bos días, hoxe temos un pequeniño ditado, revisade toda a presentación porque ó final aparece un enlace a unha viaxe virtual.

DITADO E VIAXE VIRTUAL

martes, 9 de xuño de 2020

Ciencias da natureza/ Lingua


Cuarto


Sexto


Quinto

LINGUA GALEGA

Hoxe imos realizar a mesma tarefa que onte en lingua castelá, realizamos a lectura do tema 13 (6º do tema 12), primeiro dúas veces a unha velocidade adecuada e comprendendo o que alí se cita. A continuación a proba de velocidade lectora, lembrade que era un minuto, despois contabilizades o número de palabras.

MOVEMOS O ESQUELETO

Bos días, hoxe imos realizar este xogo no que teredes diferentes probas, para aqueles que non o poidades realizar con ninguén, podedes xogar de todas formas e ir movendo a vosa ficha e ejecutar as diferentes probas. Ánimo!!!

JUMANLLY

luns, 8 de xuño de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

http://oblogdeprimeiroesegundo.blogspot.com/2020/06/ciencias-sociais-4-5-e-6_8.html

Lingua castelá e matemáticas

Bos días raparigos e raparigas, xa solo queda un pequeniño esprinte para rematar o curso, así que a realizar estas tarefas de marabilla.

Un dos aspectos máis importantes é unha boa lectura comprensiva. Para hoxe ides realizar a lectura do tema 13  (sexto tema 12) de lingua castelá, primeiro unha ou dúas veces, cada un como precise, de forma adecuada e comprendendo.

Despois colledes un cronómetro e intentades ler rápido. A ver cantas palabras sodes capaces de ler nun minuto.

Por último realizade cada curso os seguintes exercicios, non esquezades coidar a presentación no voso caderno. Podedes acabalos mañá.

Cuarto
Exercicios páxina 180. 1, 3, 7 e 8

Quinto
Exercicios páxina 190. 5, 6, 7 e 10


Sexto
Exercicios páxina 180. 10, 11 e 12


En matemáticas revisade os diferentes exercicios de cálculo mental que tedes nos vosos libros. A maiores deixovos esta ligazón  para que practiquedes.

Quinto e sexto

Cuarto, quinto e sexto


xoves, 4 de xuño de 2020

RECORDATORIO CISCOWEB

https://oblogdeprimeiroesegundo.blogspot.com/2020/06/reunion-ciscowebex.html

TAREFA PARA XOVES E VENRES.

Bos días raparigos e raparigas, hoxe imos realizar unhas serie de tarefas sobre logotipos. (PODEDES REMATALO MAÑÁ)

LOGOTIPO DEFÍNESE COMO

1. Grupo de letras ou cifras que se funden nun só tipo para facilitar a composición tipográfica.O logotipo favorece a rapidez da composición.2. Distintivo formado por letras ou símbolos, que serve de emblema a unha organización, empresa etc.    No sobre aparecía o logotipo da Universidade de Santiago de Compostela..

Un logotipo moi coñecido é o relacionado cos xogos olímpicos, aquí vos queda un pequeno vídeo sobre o seu significado.





Outro logotipo moi extendido é no que estamos a facer fincapé esta semana, xa que mañá é o día do medio ambiente, é o logotipo relacionado con reciclar. A continuación veredes un vídeo de repaso sobre a realización adecuada da reciclaxe.


Para finalizar un formulario sobre diferentes figuras xeométricas que aparecen en diversos logotipos.

PREGUNTAS SOBRE LOGOTIPOS

CIENCIAS SOCIAIS

https://oblogdeprimeiroesegundo.blogspot.com/2020/06/ciencias-sociais-4-5-e-6_4.html

mércores, 3 de xuño de 2020

MATEMÁTICAS (4º E 5º)

Hoxe temos un pequeno repaso da realización de problemas, lembrade os pasos para efectuar un problema adecuadamente.
 


4º REPASO DE PROBLEMAS

5º REPASO DE PROBLEMAS

LINGUA

Bos días!! Hoxe redactamos un texto argumentativo. Este exercicio é para todos os cursos, lembrade usar unha terminoloxía adecuada, non repetir palabras, revisar a puntuación, a ortografía, etc.



EDUCACIÓN MUSICAL

https://oblogdeprimeiroesegundo.blogspot.com/2020/06/educacion-musical.html

MATEMÁTICAS 6º (MÉRCORES E XOVES)

6º  FIGURAS PLANAS, PERÍMETROS Y ÁREAS

martes, 2 de xuño de 2020

LINGUA CASTELÁ

Hoxe en lingua castelá 5º e 6º repasará algúns aspectos da análise sintáctica. Sexto lembra mirar as preguntas que se realizaban nos apuntes, e quinto revisa a páxina 176.


ANÁLISE SINTÁCTICO

O VERBO CANTAR


REVISADE  A PÁXINA 232 DO LIBRO DO TERCEIRO TRIMESTRE.

4º Lectura do tema 12 e realización deste cuestionario sobre a lectura.

LIGAZÓN




REUNIÓN CISCOWEB

https://oblogdeprimeiroesegundo.blogspot.com/2020/06/reunion-ciscowebex.html

CIENCIAS DA NATUREZA

Boas chicos e chicas, o 5 de xuño e o día do medio ambiente, este ano dedícaselle a biodiversidade. Sabedes o que é a biodiversidade?

A biodiversidade ou diversidade biolóxica é a variedade de formas de vida no planeta, incluíndo os ecosistemas terrestres, mariños e os complexos ecolóxicos dos que forman parte, máis alá da diversidade dentro de cada especie, entre as especies e os ecosistemas.

Aquí vos deixamos un vídeo no que veredes a importancia de conservar a biodiversiade.








Unha vez visto o vídeo comezaredes o traballo para esta semana de ciencias da natureza. O traballo consiste en investigar sobre un animal en perigo de extinción. Algúns dos puntos que debe recoller o traballo son os seguintes, aínda que isto se pode aumentar.
1. Hábitat.
2. Alimentación.
3. Pequena explicación de o porqué do seu perigo de extinción.
4. Dibuxo.

Podedes presentalo no formato que máis vos guste tanto a través dun programa do ordenador como en formato papel, cartulina, etc.

luns, 1 de xuño de 2020

CIENCIAS SOCIAIS

https://oblogdeprimeiroesegundo.blogspot.com/2020/06/ciencias-sociais-4-5-e-6.html

MOVEMOS O ESQUELETO

Para hoxe temos dúas propostas para educación física, por unha banda realizar este pasapalabra cunha serie de contidos da área.

PASAPALABRA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Por outra banda realizar este xogo con material de refugallo e practicalo, mellorando así os lanzamentos e recepcións con implemento.

 

 Recortade os botes con tesoiras (non teñen porque ser exactamente como ises o importante é que teñan agarre para poder manexalo e lanzar a pelota e recollela usando solo o bote)

 Non esquezades lixar os bordes ou poñerlles cinta aislante ou cinta de carrocero, xa que se non facedes isto podédevos cortar.

Ademais tamén podedes practicar o xogo de primeiro e segundo.

Move o esqueleto!!! 

Nesta tempada pódese saír fóra e facer múltiples actividades: camiñar, correr,  xogar... Moverse é esencial para que o noso cerebro funcione correctamente.

MATEMÁTICAS


Bos días!! Para hoxe temos un encrucillado de figuras planas para todos os cursos, revisade o que vimos o venres no libro para que vos resulte máis sinxelo. Seguidamente, cada curso, ten a súa propia tarefa.   

FIGURAS PLANAS

6º PROBLEMAS

5º ÁNGULOS

4º REALIZAR ALGUNHA CONTA


GENIALLYS REPASO

Buenos días chicos y chicas, estamos en el final de curso, así que para hoy y mañana os dejo unos geniallys de repaso. LENGUA 4º E 5º MA...