luns, 8 de xuño de 2020

Lingua castelá e matemáticas

Bos días raparigos e raparigas, xa solo queda un pequeniño esprinte para rematar o curso, así que a realizar estas tarefas de marabilla.

Un dos aspectos máis importantes é unha boa lectura comprensiva. Para hoxe ides realizar a lectura do tema 13  (sexto tema 12) de lingua castelá, primeiro unha ou dúas veces, cada un como precise, de forma adecuada e comprendendo.

Despois colledes un cronómetro e intentades ler rápido. A ver cantas palabras sodes capaces de ler nun minuto.

Por último realizade cada curso os seguintes exercicios, non esquezades coidar a presentación no voso caderno. Podedes acabalos mañá.

Cuarto
Exercicios páxina 180. 1, 3, 7 e 8

Quinto
Exercicios páxina 190. 5, 6, 7 e 10


Sexto
Exercicios páxina 180. 10, 11 e 12


En matemáticas revisade os diferentes exercicios de cálculo mental que tedes nos vosos libros. A maiores deixovos esta ligazón  para que practiquedes.

Quinto e sexto

Cuarto, quinto e sexto


Ningún comentario:

Publicar un comentario

GENIALLYS REPASO

Buenos días chicos y chicas, estamos en el final de curso, así que para hoy y mañana os dejo unos geniallys de repaso. LENGUA 4º E 5º MA...