martes, 28 de abril de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA



TEMA 6, O REINO DOS FUNGOS
Lectura da páxina 78 e 79 (realización dun pequeno resumo ou esquema) .



TEMA 6, A NATUREZA E A SÚA CONSERVACIÓN
Lectura da páxina 92 e 93, e un contido moi sinxelo sobre os efectos das persoas sobre o medio natural. (realización dun pequeno resumo ou esquema).



TEMA 5, OS ARTRÓPODOS
Lectura da páxina 76 e 77, dibuxo das partes do corpo dun insecto e da metamorfose dun insecto.

A proposta de traballo para este trimestre de ciencias da natureza é realizar unha pequena exposición de como nós podemos axudar a que diminúa a contaminación (enerxías renovables, as regras das tres erres, plantar árbores, etc).

Realizade unha redacción, ou un dibuxo con ideas, un lapbook ou o que consideredes para expresar a vosa idea sobre as solucións para diminúir a contaminación.

Lembrade os pasos nos traballos; un día facemos un borrador das ideas, (contrastamos información, recordade o que dicimos na aula, non toda a información é real), outro día pensamos o formato de como plasmar o que queremos dicir, outro día... Podedes destacar algún aspecto do que nos tocou vivir estos días, etc.

Moito ánimo, seguro que vos sae de marabilla.

2 comentarios:

GENIALLYS REPASO

Buenos días chicos y chicas, estamos en el final de curso, así que para hoy y mañana os dejo unos geniallys de repaso. LENGUA 4º E 5º MA...