xoves, 30 de abril de 2020

TRABALLO XOVES 30 DE ABRIL

LEMBRAMOS QUE PARA HOXE TEMOS TAREFAS XA MARCADAS DOUTROS DÍAS.

POR UN LADO AS TAREFAS DE MATEMÁTICAS QUE ERAN PARA MÉRCORES E XOVES.

5º E 6º (Intenta realizar estas tarefas, non esquezas ter diante a escaleira)

https://www.youtube.com/watch?v=BCAtgJgjYyc (revisa este vídeo, se o precisas, sobre as unidades de peso)

https://es.ixl.com/math/5-primaria/comparar-y-convertir-unidades-de-longitud

https://es.ixl.com/math/5-primaria/comparar-y-convertir-unidades-de-peso


4º UNIDADES DE LONXITUDE

https://es.ixl.com/math/4-primaria/comparar-unidades-de-longitud

https://es.ixl.com/math/4-primaria/convertir-unidades-de-longitud

FIXÁDEVOS QUE CANDO VOS EQUIVOCADES, DEBAIXO TEDES A ACLARACIÓN

POR OUTRA BANDA CONTINUAR CO TRABALLO DE CIENCIAS DA NATUREZA.

A proposta de traballo para este trimestre de ciencias da natureza é realizar unha pequena exposición de como nós podemos axudar a que diminúa a contaminación (enerxías renovables, as regras das tres erres, plantar árbores, etc).

Realizade unha redacción, ou un dibuxo con ideas, un lapbook ou o que consideredes para expresar a vosa idea sobre as solucións para diminúir a contaminación.

Lembrade os pasos nos traballos; un día facemos un borrador das ideas, (contrastamos información, recordade o que dicimos na aula, non toda a información é real), outro día pensamos o formato de como plasmar o que queremos dicir, outro día... Podedes destacar algún aspecto do que nos tocou vivir estos días, etc.

E POR ÚLTIMO XA QUE É XOVES, DÍA DE LECTURA, SEGURAMENTE ESTAREDES LENDO TODOS OS DÍAS, PERO HOXE UN POUQUIÑO MÁIS.

QUE TEÑADES MOI BOA PONTE E DESFRUTEDES ATOPE DO PASEO E NON ESQUEZADES PRACTICAR ALGO DE DEPORTE. (CORRER, ANDAR EN BICI, MONOPATÍN, ETC)

UNHA APERTA PARA TODOS E TODAS, ATA O LUNS.




2 comentarios:

GENIALLYS REPASO

Buenos días chicos y chicas, estamos en el final de curso, así que para hoy y mañana os dejo unos geniallys de repaso. LENGUA 4º E 5º MA...