O día 23 de abril é o día do libro, polo que esta semana dirémosvos diferentes actividades facendo referencia a este gran día.
Unha delas é esta, que fai referencia os cómics, que é un libro moi especial. Como sabedes nos cómics hai viñetas con bocadillos onde se escribe o que di cada personaxe. Esta viñetas lense de esquerda a dereita e de arriba abaixo.
Hoxe propoñémosche que crees o teu propio cómic, para iso deixámosche unhas plantillas que podes utilizar, terías que colorealas e escribir os diálogos de forma que monten unha historia.
Senón che gustan estas plantillas podes crear a túa propia. Lembra poñer título e seguir as normas de escritura.
Sería interesante, se é posible que enviaras o resultado o correo para colgar as marabillosas obras de arte no blog. Saúdos.
PLANTILLAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario